jueves, 5 de marzo de 2015

Diario de sesións 05/03/2015 (C. naturais)

AEGP: Revisou os erros ortográficos na entrada das preguntas de naturais.
SLV: Rematou as preguntas de naturais con LPO.
LPO: Fixo o diario de sesións e acabou as preguntas dos animais de naturais con SLV.
SRC: Non estivo na hora de naturais, chegou moi tarde e non puido facer nada.

Preguntas animais (Ciencias Naturais)

1. Que característica anatómica sinala aos renos?
A. As astas
B. A cola
C. As patas

2. Onde pode vivir un oso polar?
 A. Canadá
B. Groenlandia
C. As dúas anteriores son correctas

3. Porque esta foca recibe o nome de foca barbuda?
A. Pola súa longa barba
B. Polos grosos bigotes do seu fociño
C. Ningunha das anteriores é correcta

4. Cantos ovos pon a águia imperial?
A. Un ou dous
B. Seis ou sete
C. Catro ou cinco

5. Cal das seguintes afirmacións sobre o lobo ibérico é certa?
A. É hervíboro
B. É carnívoro
C. Come gusanos.

6. Canto pode medir unha serpe pitón?
A. Quince metros
B. Cinco metros
C. Nove metros

7. Os colibrís axudan á polinización...
A. Dás flores
B. Das rochas
C. Dos colibrís

8. Os leóns son...
A. Carnívoros
B. Feliños
C. As dúas anteriores son correctas

9. Cal afirmación sobre os guepardos é certa?
A. Non ruxen.
B. As veces van con leóns en mandas
C. Cazan paxaros

10. Que lles da aos flamencos a súa cor rosada?
A. A súa alimentación
B. Nacen xa así
C. En realidade son brancas, pero co sol se ven rosadas.

11. Onde se pode atopar a viúva negra?
A. En Norteamérica.
B. En Asia.
C. En Europa.

12. Cal destas afirmacións sobre a serpe riscada é falsa?
A. Son diurnas.
B. Son grandes cazadoras.
C. O macho é maior ca femia.
D. Vive na Península Ibérica.

13. Cal éo xénero do lince ibérico?
A. Struss Strussking
B.  Pardinus
C. Chundi Phundy
D. Lynx

14. Escolle a calidade que se refira ao corpo do guepardo.
A. Esbelto
B. Branco e rosa.
C. Obeso.
D. A súa cola mide 56'57125 cm.

15. Onde viven os hipopótamos?
A. En mares.
B. En ríos.
C. En terra firme.
D. Nos bosques húmidos.

16. Cal é a subclase da termita?
A. Espercus.
B. Inilectus.
C. Pterygota.
D.  Hexagema.

17. Cal é o filo da águia?
A. Mammalius
B. Chattis
C. Chordatta
D. Chordatte

18. Cando descansa o esquío voador? Onde?
A. Pola noite en ocos na terra.
B. Polo dia en ocos nas árbores.
C. Polo día en lagos, nas rocas.
D. Non descansan.

19. Este animal é:














A. Artrópodo.
B. Arácnido.
C. Alacrán.
D. Todas son correctas.

20. A iguana do deserto é...
 A. Moi boa escaladora.
 B. Moi boa nadadora.
C. Moi boa voadora.
D. Ningunha das anteriores.

21. Canto pesan as femias dos renos?
A. Menos ca os machos.
B. Máis ca os machos.
C. O mesmo ca os machos.

jueves, 26 de febrero de 2015

Diario de sesións 26/2/15

Hoxe o noso obxectivo foi acabar as preguntas sobre os animais de naturais.
SRC: Traballou con SLV facendo as 11 preguntas de animais. Traballou moi ben. As dous están moi ledas co seu traballo.
SLV: Traballou con SRC facendo as 11 preguntas de animais. Traballou moi ben. As dous están moi ledas co seu traballo.
LPO: Traballou con AEGP facendo 9 preguntas de animais, non remataron aínda pero traballaron moi ben.
AEGP: Traballou con LPO facendo 9 preguntas de animais, non remataron aínda pero traballaron moi ben.

miércoles, 25 de febrero de 2015

Diario de Sesións 25/2/15

Hoxe o noso obxectivo foi rematar a entrada do blog.
SLV: Traballoucon SRC revisando a ortografía da entrada, xa que previamente remataramos a entrada.
SRC: Traballou con SLV revisando a ortografía e facendo o diario de sesións,xa que previamente remataramos a entrada.
LPO: Revisou as etiquetas e a apariencia do blog, xa que a entrada foi rematada o día anterior.
AEGP: Estivocon LPO pero debuxando no seu caderno, aínda que axudou un pouquiño.