Había unha vez un grupiño de amigos formado por:
O mono Pepiño: Un mono moi gracioso e atento coas súas amizades, e sempre preparado para a acción. Viña do bioma do Bosque Tropical.
Chibikachu: Un neno/pikachu pequeniño e moi riquiño, mais forte e duro aínda que a súa aparencia sexa fráxil. No colexio é moi popular e é moi divertido. Naceu en Tokyo pero veu ao Brasil de moi pequeno.
Camello: Este personaxe era un pouco sosiño, pero moi intelectual. Sempre sacaba o lado científico das cousas. Viña do Deserto árido.
Unha nena chamada Susana: Era un pouco patosa, pero tiña moi bo corazón, ademais de bastante tímida mais, unha vez que facía un amigo, conservábao coma un tesouro.
Un chuvioso día de inverno, diante dun saboroso chocolate con churros, falaban sobre o comezo de curso e as súas novas amizades: Pepiño e Camello estaban un pouco tristes, xa que acababan de mudarse dos seus biomas naturais ao Brasil, aínda que estaban seguros de que conseguirían ser felices cos novos amigos. De súpeto, un ruído estrepitoso os arrincou da apracible conversa... Dora a Exploradora aterrara no medio da cafetaría no seu OVNI para le dar canda ela á pobre Susana! ¿Qué farán os seus amigos? Atentos ás entradas e o descubriredes neste relato (cedo convertido en xogo de rol) emocionante e aditivo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario