Somos catro nenas e estamos a facer un traballo. Este é o noso blog de grupo, onde colgaremos o noso traballo diario e proxectos. Sígue o noso blog día a día e subscríbete!! ;)
miércoles, 3 de diciembre de 2014
A ablución doradiña
Un día frío e chuvioso de inverno un grupiño de amigos foi tomar un chocolate con churros a una cafetaría enfrente do zoolóxico de Camello e Pepiño.
Mentres esperaban comezaron a falar do comezo do curso, ata que Pepiño parounos porque sentíase un pouquiño marxinado. Entón, comezaron a falar das desexadas, pero alonxadas, vacacións de verán. Cómo desexaban volver a ver o sol, tumbarse na fresca herba e xogar todos xuntos ao fútbol!... Pero aínda faltaba moito. Bueno, non había que deprimirse xa que, dentro de moi pouquiño tendrían una gran aventura todos xuntos, solo tiñan que esperar...
Estiveron falando e soñando ata que un ruído os espertou, o restaurante temblaba e todos asustáronse. Que pasaría? De súpeto, un OVNI apareceu enriba do restaurante, e saíu un brillante raio e...
Oh Non!!! Susana desaparecerá!
-Esta foi a Dora, fixo- dixo Chibikachu anoxado.
-Chicos, temos que salvala!- dixo Pepiño preocupado.
Pero o OVNI xa desaparecera...
Anoxados e con forzas, volveron á casa e fixeron un plan para salvar a Susana. Cando xa o tiñan rematado, as súas nais mandáronos a durmir.
Pero, tede por seguro que non durmiron. Estes espertaron, prepararon silenciosamente as súas mochilas, metendo nelas toda clase de obxectos que poderían utilizar máis adiante. Saíron pola fiestra e Chibikachu colleu a súa bicicleta, Pepiño montou enriba de Camelo e emprenderon a longa viaxe.
Os nosos amigos, tiveron que dirixirse ao Mundo do Xeo. Despois de moito pedalar, chegaron. Facía moito frío, entón tiveron que buscar na mochila algo para poñerse por riba. Por sorte encontraron unha manta, unha bufanda e unhas luvas. Que farían, quen se pondría que cousa?
Despois de moito discutir, o camello púxose a manta, xa que era o máis grande e viña do deserto, onde facía moita calor; Pepiño púxose as luvas, xa que el sabía usar as mans moi ben e Chibikachu púxose a bufanda, simplemente porque lle quedaba moi ben.
Despois de prepararse, encontraron unha pista de Susana! Ela conseguira lanzar o seu gorro pola ventá do OVNI!
-Que lista é a nosa Susana!- dixo camello.
-E tanto- respondeu Pepiño
- Veña chicos, salvémola rápido- dixo Chibikachu.
E comezaron correr ata cansarse. De súpeto, viron a fronteira do mundo do Xeo e a pradeira verde! Xusto cando chegaron, apareceu un fantasma que lles dixo.
-Se á pradeira verde queredes pasar, unha canción debedes cantar.
E entón, púxeronse de acordo e comezaron cantar:
- A saia da Carolina, ten un lagarto pintado,
cando Carolina baila, o lagarto move o rabo...
- Unha canción cantastedes, ás pradeiras verdes pasástedes, pero coidado, avísovos que o que vedes, non sempre é certo, pode ser un mal ao acecho!- dixo o fantasma
-Moitas grazas!- dixeron á vez.
E cruzaron.
Quítaronse a roupa que lles sobraba e buscaron unha fonte, xa que tiñan moita sede. Derrepente, Pepiño viu unha, e correu como loco a beber. Xusto cando estaba a chegar, desapareceu, e quedaron abraiados. Que fora iso?
Despois de andar moito viron o límite outra vez! Esta vez levaba ao Inferno! Cando correron, a mesma fantasma apareceu e díxolles:
-Se á vosa a miga queredes rescatar, esta adiviña teredes que acertar.
Nuria e Xoana naceron do mesmo pai e da mesma nai, pero aínda así Nuria di que elas non son irmás. Que é Nuria?
- Meu Deus!- dixo Pepiño
- Deixame pensar...- dixo Camello
- Esa Nuria é moi mentireira!!- dixo Chibikachu, de broma.
- Acertastes, Chibikachu! Ao Infermo podedes pasar, pero coidado co que os vades a encontrar.- Dixo o fantasma
- Vale grazas!- responderon
E pasaron.
- Xa sabía eu que era moi listo- dixo Chibikachu, divertido.
- Haha! Non che pases- dixo Pepiño
- Iso, iso, que foi de broma!- dixo Camello.
- Aquí fai moito calor!- dixo Chibikachu, quítandose a camiseta e quedándose en traxe de baño.
-É certo, máis que fas ti con un traxe de baño?- dixo Camello.
- Díxevos que son moi listo- respondeulles Chibikachu- Veña, vamos!
E comezaron camiñar. Despois dunhas arduas horas camiñando, encontraron un tenebroso castelo. Achegáronse e, na porta, había un can de tres cabezas durmindo! E decidiron ir cantando unha canción en baixiño para que non lles mordera.
- A curuxa, a curuxa, fai chistt, fai chistt, todos caladiños, como a curuxa, que fai chistt que fai chistt!!
E o conseguiron! Ao entrar atoparonse a Dora e a Susana metida nunha xaula. Dora tiña a chave. Chibikachu foi por detrás mentres os outros dous distraían a Dora. Chibikachu deulle un golpe, e Dora caeu redonda ao chan!
-Estará durmida por un bo rato!- dixo Chibikachu.
Colleron a chave, abriron a xaula e saíron correndo ata o OVNI de Dora, e marcharon á casa, cheando o aire de abrazos e palabras de reencontro.
-Pepiño- Dixo Susana- Queres que che adopte?
- Sí!- dixo Pepiño, con bágoas de ledicia nos ollos.
- Oh! Que doces!- dixo Chibikachu!
- Camello, se queres ven con nos tambén- dixo Susana
- Va-vale- dixo Camello alegre, a punto de chourar
E todos felices volveron á casa e non volveron saber de Dora...
Pero pronto volverán saber...
Por: SRC e CdRP
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario