miércoles, 11 de febrero de 2015

Normas Do Xogo

Un texto instructivo é unha clase especial de texto expositivo, ten unha función informativa pero neles tamén hai unha función apelativa.

Características dos textos instructivos:

-Orde: Este é o elemento esencial nestes textos, porque nas instrucións sempre hai accións secundarias detalladas, é dicir, encadeadas unhas tras outras.
A orde pode conseguirse numerando os pasos a seguir ou indicando éstes por adverbios ou/e locucións adverbiais.

-Sinxeleza e claridade: Un texto instructivo debe ser extremadamente claro e sinxelo, xa que, se non, habería algunhas persoas que non entenderían as accións, por eso deben de ser as instrucións moi sinxelas.

-Os verbos: En xeral, as instrucións admiten estes tempos verbais:
-O infinitivo.
-O imperativo.
-Outros tempois como: presente, futuro, formas de subxuntivo, perífrases...
O habitual é manter en todo o texto a mesma forma verbal.

-Presenza de construcións de obrigatoriedade: É moi normal, nos textos instructivos, usar construcións de obrigatoriedade como: Ter que, debemos...

-Emprego de conectores: Como dixemos antes, se non utilizamos a numeración, debemos usar conectores para relacionar as accións entre sí.

Exemplos de textos instructivos en videos:

Pincha aquí se queres ver un texto instructivo sobre como pintarte as unllas.

Pincha aquí se queres ver un video de como facer un pastel do Arco da Vella.

Texto instructivo sobre o Parchís:

Pincha aquí para ver o texto.

NORMAS DO NOSO XOGO


1. Saca o que teña os ollos máis claros.
2. Hai que pasar todas as salas para chegar á Sala Final (O Inferno).
3. Cando tiras os dados, entras na sala só se tes un número que che permita avanzar ese número de casillas.
4. Hai dous dados. 
5. Para pasar de sala en sala, hai que realizar o que poña na tarxeta "Reto".
6. Non se poden usar dous comodíns seguidos.
7. Se sacas doble seis volves a unha das salas polas que xa pasaches acusad@ por Maxia Negra.
8. As tarxetas reto que superas as gardas como proba de que pasaches as salas.
9. Para pasar a Sala Final, deberás responder 7 preguntas en dous minutos e medio.
10. Os xogadores poden aliarse secretamente ao principio do xogo.
11. O xogo non debe superar os 5 xogadores.
12. Comézase na parte do principio da historia.

1 comentario:

  1. Ola!
    reparastes en que ningún dos exemplos están en galego?

    ResponderEliminar