miércoles, 21 de enero de 2015

A Descrición


1-   DEFINICIÓN :

A descrición, é unha maneira de explicar detalladamente un obxecto, animal, espazo ou persoa coas súas características máis significativas, e con elo poder crearnos unha imaxe clara deles.

2-   TIPOS DE DESCRICIÓN :

- Segundo a actitude da persoa emisora :

Descrición Obxectiva: Unha descrición sen valoracións persoais, que se adapta á realidade, é a máis común en dicionarios, xornais....

Descrición Subxectiva: Unha descrición que describe ademáis do obxecto a describir, as sensacións que lle produce ao emisor, transmitíndollas ao lector.

- Segundo a finalidade :

Descrición literaria: O autor transmite o seu punto de vista, unha descrición subxectiva.

Descrición Científica ou técnica: Exprésase con maior exactitude o que se está a describir. 

Descrición xornalística: Preséntase a descrición con finalidade informativa.

- Segundo o que se describe:

De persoas: (Prosopografía) para o aspecto físico e (Etopea) carácter. Ao facer as dous cousas á vez chámase retrato.

De lugares: Topografía.

De animais: Zoografía. 

Dun período de tempo: Cronografía.

E de realidades abstractas.

3-   CARACTERÍSTICAS DOS TEXTOS DESCRITIVOS:

Son abundantes os substantivos e os adxectivos que designan os obxectos.

 A comparación é un recurso frecuente nas descricións, comparando as calidades do obxecto que describimos con outro parecido.

A utilización axeitada dos signos de puntuación é tamén moi característica destes textos.

Seguen unha orde determinada.

Úsanse os conectores e abundan os verbos copulativos.

4-   COMO SE FAI A DESCRICIÓN DE PERSOAS :

Os pasos máis sinxelos e utilizados para facer unha descrición de persoas son:

Observar algunhas características xerais e acompañalas dun adxectivo.
Concretamos na cara e imos baixando, sempre ordenadamente.
E escríbese unha frase a modo de conclusión.

Recorda: 
- Fai moito uso dos adxectivos.
- Utiliza verbos, e sobre todo copulativos.
- Utiliza metáforas e comparacións para acabar.
- O uso de conectores é importante.
- Non esquezamos os singos de puntuación.
- Non repitas moito vocabulario, senón pode ser moi pesada a descrición.

5-   COMO SE FAI A DESCRICIÓN DE ESPAZOS : 

Primeiro pensa en que vas a describir, a finalidade da descrición... 

Despois decdimos se vai ser una descrición científica, literaria... 

Escribimos o texto con coidado de non esquecer os pasos anteriores e engadindo moitos enlaces e conectores para que o texto quede o mellor posible. 

Agora revisamos o texto para que non teña faltas de puntuación, porque a ninguen lle gustaría encontrar faltas nun texto. 










No hay comentarios:

Publicar un comentario