viernes, 23 de enero de 2015

Descrición Dun Deus Grego: Apolo

Apolo:


Apolo era un belo deus, de cabelos loiros como o ouro e rizados, coma se tivese mil remolinos na súa cabeza, aínda que recollidos na súa coleta asemellaban lisos. Tiña uns ollos azuis e profundos, ben situados na súa cara, sen imperfeccións. O seu nariz era.... como dicilo.... Perfecto. Iba en completa harmonía coa súa cabeza e a súa cara, e tiña unhas dimensións que se adaptan aos actuais cánones de beleza. Baixo o seu nariz repousaban uns beizos carnosos, pero sen excederse, cunha cor vermella clara, que destacaba grazas á súa cor de pelo. O seu queixo sobresaía un pouco afora do seu face, e acababa cunha curva moi bonita. Se descendíamos un pouquiño, poderíamos ver o seu largo e maxestuoso colo, cunha robustez perfecta, adaptada ao seu musculoso corpo. O seu peito, ben traballado e formado, era digno dun Deus, o que el era. O seu tórax, descendendo do peito ao ventre, estaba musculado e esbelto. Tiña unha figura envidiable, cunhas proporcións perfectas. A súa cadeira, resaltaba á vista: ben formada e o seu óso sobresaía un pouco, pero non demasiado. Baixando máis, atoparíamos os seus muslos, que resaltaban pola súa robustez. Por último, tiñamos os seus nocellos, lindos e proporcionados. Os seus pés, de medida normal, eran perfectos, sen ningún tipo de imperfección.




1 comentario:

  1. Ola!
    A descrición é ben fermosa, pero presenta bastantes erros ortográficos; por favor, revisádea.
    Ánimo!

    ResponderEliminar