miércoles, 28 de enero de 2015

Descrición científica: O pteromys volans ou esquío voador siberiano

Pteromys volans.jpg
Reino:Animalia
Filo:Chordata
Clase:Mammalia
Orden:Rodentia
Familia:Sciuridae
Género:Pteromys
Especie:P.volans



O esquío voador siberiano é un animal pequeno, que caracterízase polos replegues de pel que lle boredean o corpo e que ten situados entre os dous pares de membros. Estes plegues lle permiten planear hata 35 m. Polo tanto, a súa consideración como esquío voador non é moi axeitada, xa que realmente non voa, se non que planea. Ten unha cola peluda da mesma cor que a pel da parte superior, que é moito máis escura que a pel do interior dos plegues. Esta é unha imaxe do esquío voador siberiano en medio dun planeo:


Estos ''roedores planeadores'' viven en bosques mixtos ou de resinosas. Alimentanse de brotes e grans, corteza de abedul, follas, setas e baias. Son animais discretos e as persoas non soen percibir a súa presencia porque a súa coloración confúndese facilmente con algunhas cortezas, especialmente coa do abedul. Pertencen á mesma familia que os esquíos comúns, aos que se parecen polo seu aspecto e polos seus habitos de vida.

1 comentario:

  1. Ola!
    Debedes incluír un listado de etiquetas para facilitar a corrección.
    Grazas!
    Su

    ResponderEliminar