miércoles, 14 de enero de 2015

A Paisaxe Fluvial Nevado: Descrición cunha pequena historia.

E así, mentres estaba sentada na fría neve, observaba estupefacta os altos e nevados árbores, núos polo inverno. Eran uns árbores que non chamarían demasiado a atención, se non fora pola neve que, ao cubrilos, convertía a súa normalidade en algo completamente diferente. Resultaba máxico ver como aqueles troncos e pólas eran cubertos por unha especie de pó branco, tan puro como a alma dun neno pequeno.
Entre tanto, mentres estaba sumida nos meus pensamentos unha leve e liviana folerpa de neve, que caía das árbores, transladou a miña mirada ao helado río. Unha corrente de limpa auga, que polas baixas temperaturas fora conxelado. Un largo río, que agora parecía un camiño, ou unha destas pistas de xeo que utilizaban os nenos das películas que vía eu na miña infancia. Na miña preciosa infancia. Máis agora xa me toca madurar. Despois de moito mirar hacia ese líquido conxelado, decidín pousar os ollos sobre os pequenos outeiros de neve que ao redor de mín se formaban. Branca neve que relaxaba e aliviaba tensións de só mirala. Unha preciosa neve que podía eliminar os meus problemas da miña mente con só ollala un minuto. En conxunto, un paisaxe fluvial... Perfecto.




1 comentario:

  1. Ola!
    Moi fermosa pero fóra de tempo. A encomenda de hoxe era a de actualizar o caderno de equipo e, xusto iso, e o que non fixestes... debedes cinguirvos ás consignas de cada día.

    ResponderEliminar